Impacto da normativa na actividade apícola

Dende 03 de marzo, 2026 - Ata 03 de marzo, 2026

O Polo de A Fonsagrada organiza unha xornada práctica para que poñas a túa explotación apícola ao día, coñezas as claves da normativa e gañes seguridade na comercialización da túa mel. Formación clara, útil e pensada para dar o seguinte paso. Apúntate!

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

🗓️ Martes, 3 de marzo I 16:30 h - 19:00 h 

📍 Edificio do Concello de Baleira, aula da biblioteca. Avda/ Dr. Escobar s/n, Baleira, Lugo 

 

Queres ter a túa explotación apícola ao día, cumprir coa normativa sen complicacións e, ademais, gañar en profesionalización e valor engadido? Esta xornada é para ti. 

 

O Polo da Fonsagrada organiza un novo encontro pensado para persoas apicultoras que queren dar un paso máis: entender a normativa, aplicala con seguridade e convertela nunha aliada para facer medrar o seu proxecto.

 

Falaremos, de maneira clara e práctica, de como afecta a lexislación alimentaria á túa produción, que debes ter en conta no etiquetado e na calidade da mel, que esixe a normativa en materia de envasado e reciclaxe e como xestionar correctamente a produción primaria e os trámites do Rexistro Sanitario. Sen rodeos, sen tecnicismos innecesarios e con exemplos reais.

 

Será unha sesión dinámica, participativa e pensada para resolver dúbidas concretas. Compartiremos experiencias, analizaremos casos prácticos e darémosche as claves para que saibas exactamente que pasos dar para adaptar ou mellorar a túa explotación.

 

Se queres gañar tranquilidade, profesionalidade e competitividade, non quedes fóra.

 

Inscríbete e dá o seguinte paso para fortalecer a túa explotación apícola con seguridade e confianza.

 

Programa da xornada 

 

16:30 - 16:45h Recepción das persoas asistentes 

  • Benvida e presentación da xornada.

 

16:45 – 17:20h Marco normativo xeral e calidade da mel.

  • Introdución á lexislación alimentaria aplicable á produción apícola.
  • Normativa específica de calidade da mel.
  • Implicacións prácticas para as explotacións da Montaña Lucense

 

17:20 - 18:00 Etiquetado, envasado e reciclado

  • Requisitos obrigatorios de etiquetado da mel e doutros produtos apícolas.
  • Esixencias sobre formatos de envasado, materiais e boas prácticas de manipulación. 
  • Obrigas vinculadas ao reciclado de envases e á xestión de residuos. 
  • Exemplos de etiquetado correcto e erros frecuentes a evitar.

 

18:00 - 18:15h Petisco / Pausa café

 

18:15 – 18:40h Produción primaria e Rexistro Sanitario

  • Concepto de produción primaria na apicultura e requisitos básicos de hixiene na explotación. 
  • Tipos de rexistros e trámites necesarios para a comercialización legal. 
  • Pasos recomendados para regularizar ou mellorar a situación.

 

18:40 – 19:00h Preguntas, dúbidas e peche

  • Rolda de preguntas e dúbidas.
  • Peche da xornada

Conectando o polo co sector...

Voltar