III Xornada de traballo de dinamización do ecosistema local de emprendemento

Dende 13 de outubro, 2025 - Ata 13 de outubro, 2025

Terceira xornada de traballo cos axentes da Comarca de Ferrolterra co obxetivo de definir accións en prol do emprendemento e a xeración de emprego na nosa contorna

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

📅 Luns, 13 de outubro  |  12:00 a 14:00 h 

📍 CIFP Ferrolterra (Rúa Ramón y Cajal, 15403 Ferrol)

 

Despois da última reunión entre os axentes territoriais para o emprendemento e o emprego, convocamos unha terceira xornada de traballo colaborativo para seguir fortalecendo o ecosistema de emprendemento e emprego na comarca de Ferrolterra.

 

Esta terceira reunión é clave para avanzar nos compromisos acordados na segunda xornada de traballo, e poñer en común con que recursos e ferramentas se poden abordar os retos acordados, e do mesmo xeito coordinar accións de maneira máis eficaz entre entidades, empresas e profesionais do territorio.

 

A xornada estará orientada á acción e á cooperación real entre axentes do territorio.

 

Programa:

  1. Benvida e presentación das novas incorporacións 
  2. Presentación do anfitrión- CIFP Ferrolterra
  3. Revisión dos acordos e tarefas da xornada anterior
  4. Mesa de traballo co colectivo empresarial, emprendedor e de estudantes 
  5. Exposición das conclusións da mesa de traballo
  6. Novos retos a traballar en conxunto e reparto de tarefas
  7. Peche e confirmación da próxima reunión

 

Seguimos tecendo rede, compartindo visións e sumando esforzos para que o ecosistema emprendedor e de emprego da comarca sexa cada vez máis forte, cohesionado e transformador.


Presencial

Voltar