Dende 12 de novembro, 2025 - Ata 12 de novembro, 2025
As mellores ideas nacen cando se comparten. Inscríbete neste encontro para conectar con outras persoas emprendedoras, intercambiar experiencias, establecer contactos valiosos e descubrir novas vías de colaboración que poidan facer medrar o teu negocio.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 12 de novembro | 10:00 - 12:30 h
📍 Oficinas do COE. R/ Rafael Alberti, nº 4, baixo, A Coruña
As mellores ideas nacen cando se comparten. Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol, en colaboración co COE Galicia, organiza unha xornada distendida e chea de enerxía, pensada para reunir a persoas emprendedoras nun espazo vivo e dinámico, onde as conversas flúen e as oportunidades aparecen de maneira natural.
Será un encontro para conectar con outras persoas emprendedoras, intercambiar experiencias, establecer contactos valiosos e descubrir novas vías de colaboración que poidan facer medrar o teu negocio.
O obxectivo é claro: axudarche a expandir a túa rede de contactos, aprender, colaborar e medrar nun ambiente de confianza e apoio mutuo.
Se buscas inspiración, alianzas estratéxicas ou simplemente un espazo onde sentirte parte dunha comunidade que impulsa o cambio…esta é a túa cita!
🗓️ Programa da xornada
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida
10:10 h - Explicación ás persoas asistentes da dinámica que se traballará na xornada. Speed Networking con Propósito:
Cada unha das persoas participantes terá 2 minutos para presentar o seu proxecto e compartir unha necesidade actual que permita activar o grupo e provocar a súa colaboración e participación.
A presentación de cada persoa emprendedora debe incluír 3 elementos:
1. Quen son e que fago.
2. Un aspecto único ou diferencial do seu proxecto.
3. Unha necesidade ou reto actual no que agradecería axuda, ideas ou contactos.
10:20 h - 1ª Parte do Speed Nerworking:
Cada unha das persoas participantes fará unha presentación do seu proxecto ao resto para darse a coñecer e poder chegar a crear sinerxías entre elas.
11:20 h - Café networking
11:45 h - 2ª Parte do Speed Nerworking:
Cada unha das persoas participantes fará unha presentación do seu proxecto ao resto para darse a coñecer e poder chegar a crear sinerxías entre elas.
12:20 h - Conclusións e peche da xornada
![]()
ColaboradoresCOE Galicia