III Salón de Animais de Compañía de Galicia

Dende 24 de outubro, 2025 - Ata 26 de outubro, 2025

Os días 24, 25 e 26 de outubro de 2025 celebrarase no Recinto Feiral de Pontevedra o III Salón de Animais de Compañía de Galicia, un evento de referencia para todas as persoas amantes das mascotas e tamén para o tecido emprendedor que traballa neste ámbito.

Categorías: Outra

O programa inclúe concurso de agility, zona infantil, stands, charlas, exhibicións e unha zona de adopción, convertendo o salón nun espazo dinámico e cheo de oportunidades para coñecer novidades e xerar contactos.

Desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia, animamos a todas as persoas beneficiarias que teñan un proxecto vinculado co mundo das mascotas (produtos, servizos, alimentación, saúde, coidado, lecer ou innovación) a participar neste encontro. Trátase dunha excelente ocasión para dar visibilidade ás vosas iniciativas, crear sinerxías e achegarvos ao público obxectivo.

👉 Se tes un proxecto relacionado co sector das mascotas, non perdas a oportunidade de estar presente neste evento que converterá a Pontevedra na capital galega dos animais de compañía durante esa fin de semana.

Incríbete para ter un espazo de exposición do teu proxecto!

 

 


Outra

Voltar