Finanzas para principiantes 2ª xornada

Dende 29 de xaneiro, 2026 - Ata 29 de xaneiro, 2026

Ponte mans á obra cos números do teu proxecto: practica con casos reais e mellora a xestión do teu negocio!

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

🗓️ Xoves, 29 de xaneiro | 10:00 - 14:00 h 

📍Polo de Ferrol. R/ María, n· 158, Ferrol 

 

Tras a sesión teórica do 27 de xaneiro, chega o momento de poñer en práctica os conceptos aprendidos. Descubrirás como xestionar e optimizar os recursos do teu proxecto. Aprenderás a organizar os gastos e ingresos, a valorar o rendemento das túas actividades, e a tomar decisións intelixentes que permitan que o teu negocio comece ou avance con seguridade. Traballarás con casos reais e exercicios adaptados á realidade de pequenas iniciativas, de xeito que cada lección se poida aplicar inmediatamente á túa idea emprendedora.

 

Esta formación está pensada para darche ferramentas claras e prácticas, aumentar a túa confianza na xestión económica e axudarche a planificar mellor o futuro do teu proxecto, evitando erros habituais e mellorando as posibilidades de éxito. 

 

Programa da xornada

 

10:00 h - Apertura da xornada 

  • Repaso dos conceptos teóricos clave 

 

11:30 h - Pausa- café 

 

12:15 h 

  • Finanzas para crecer: principales fuentes de financiación y subvenciones
  • Subvencións principais
  • Práctica e exercicios

 

14:00 h - Peche da xornada 

 

 

Conectando o polo co sector...

Voltar