Dende 15 de xullo, 2026 - Ata 15 de xullo, 2026
Este verán, conecta con outros profesionais, comparte ideas e crea novas oportunidades no Summer Networking Online organizado polo Polo de Verín e o Polo de Baños de Molgas
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 15 de xullo I 10:30 h - 12:50 h
🖥️ En liña
As mellores ideas adoitan xurdir cando diferentes persoas comparten experiencias, coñecementos e visións. Por iso, o Summer Networking Online, organizado polo Polo de Verín e o Polo de Baños de Molgas, convértese nunha oportunidade perfecta para ampliar contactos, descubrir novas formas de colaboración e abrir portas a futuros proxectos sen necesidade de desprazamentos.
Se es unha persoa emprendedora esta é unha ocasión para dar a coñecer a túa actividade, intercambiar inquietudes con outros profesionais e coñecer iniciativas que poden complementar o teu negocio.
Durante esta xornada en liña crearase un espazo dinámico e participativo no que poderás presentar as túas ideas, compartir retos, descubrir boas prácticas e formar parte dun debate enriquecedor xunto con persoas de diferentes ámbitos profesionais. Ademais, será unha excelente oportunidade para establecer novas relacións, impulsar colaboracións entre comarcas e fortalecer a rede empresarial do territorio.
Non deixes pasar a oportunidade de facer crecer a túa rede de contactos e de atopar novas vías para impulsar os teus proxectos. Inscríbete e participa no Summer Networking Online! O próximo contacto que fagas pode converterse na túa próxima oportunidade.
Programa:
10:30 h - Benvida e presentación da actividade.
O persoal técnico dos Polos de emprendemento e apoio ao emprego de Verín e Baños de Molgas realizará a presentación das persoas asistentes e dos sectores representados.
10:45 h - Presentación das empresas e proxectos participantes.
Cada participante disporá dun breve espazo para presentar a súa iniciativa, localización, actividade e sector de pertenza.
11:20 h - Exposición de intereses, necesidades e obxectivos.
As persoas participantes compartirán os seus retos actuais, necesidades de colaboración e obxectivos empresariais a curto e medio prazo.
11.50 h - Mesa de Debate
Intervencións en quendas, e captación de sinerxías en base ás exposicións realizadas. Recapitulación e síntese de ideas principais, e recollida de datos de contacto para partillar. Co-moderación por parte dos técnicos de ambos Polos.
12:50 h - Despedida e agradecementos.
![]()