II edición Networking: Sinerxías Atlánticas

Dende 11 de xuño, 2026 - Ata 11 de xuño, 2026

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

A II Edición Networking Sinerxías Atlánticas nace co obxectivo de crear un espazo de encontro, conexión e xeración de oportunidades entre persoas emprendedoras, empresas e profesionais do ecosistema empresarial

 

A actividade desenvolverase a bordo dun paseo en barco pola Ría de Vigo, favorecendo un ambiente distendido e próximo no que os asistentes poderán compartir experiencias, establecer novas relacións profesionais e crear sinerxías nun contexto diferente e innovador.

 

Durante a travesía realizarase unha experiencia guiada da man de Ocean Secrets, combinando networking, divulgación e posta en valor do entorno mariño da ría, ademais dun pequeno catering para fomentar a interacción entre os participantes.

 

Prezo: 30€/persoa a excepción de asociados/as de AJE ou membros dos Polos.


Conectando o polo co sector...

Voltar