Dende 07 de outubro, 2026 - Ata 07 de outubro, 2026
Quinta sesión formativa, organizada polo Polo de Mondoñedo, de carácter introductorio e práctico dirixida a persoas emprendedoras ou con interese en emprender, na que se abordaran os conceptos básicos de Gemini Notebook.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 7 de outubro I 16:00 h - 17:30 h
💻 En liña
Quinta parte da actividade IA para o teu negocio, unha sesión práctica organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo, pensada para seguir descubrindo todo o potencial da intelixencia artificial aplicada ó emprendemiento.
Non é necesario ter participado nas sesións anteriores.
Tes un montón de documentos, informes e información sobre o teu negocio… pero cada vez que necesitas algo tardas unha eternidade en atopalo? E se puideses ter unha ferramenta que lese, organizase e analizase esa información contigo?
Nesta formación descubrirás como utilizar Gemini Notebook, unha ferramenta de intelixencia artificial que permite traballar coa túa propia documentación para:
🔎 Localizar información relevante en segundos
📝 Resumir documentos e extraer as ideas clave
💡 Consultar e analizar as túas fontes
📂 Organizar información de diferentes documentos nun mesmo espazo
📊 Apoiarte na investigación, planificación e toma de decisións do teu negocio
E o mellor: non será só teoría. Verás, paso a paso, como crear un caderno e aplicar a ferramenta a un proxecto emprendedor real.
A sesión será impartida por Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio.
Programa
16:00 h - Recepción de asistentes e bienvenida.
16:05 h - Presentación da formación que impartirá Lorena Rey, consultora en Estrategia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio
16:10 h - Desenvolvemento da actividade:
17:20 h - Preguntas e dúbidas
17:30 h - Peche da actividade
![]()