IA para o teu negocio I: primeiros pasos

Dende 03 de xuño, 2026 - Ata 03 de xuño, 2026

Actividade organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo para achegar a intelixencia artificial ás persoas emprendedoras. Unha sesión práctica para descubrir como a IA pode axudarche a mellorar e impulsar o teu negocio desde o inicio.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 3 de xuño I 16:00 h - 17:30 h 

💻 En liña 

 

A intelixencia artificial xa non é unha tecnoloxía do futuro: é unha ferramenta accesible que está transformando a maneira de traballar, crear e facer crecer os negocios. Saber como pode axudarche desde o inicio pode marcar a diferenza entre adaptarte ao cambio… ou quedar atrás.

 

Se tes un proxecto emprendedor, estás pensando en poñer en marcha unha idea ou simplemente queres descubrir como aproveitar as oportunidades que ofrece a IA no teu día a día profesional, esta formación organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo é para ti.

 

“IA para o teu negocio I: primeiros pasos” é unha sesión introdutoria e práctica impartida por Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio e pensada para achegar a intelixencia artificial ás persoas emprendedoras dun xeito claro, útil e sen complicacións técnicas. Ao longo da actividade descubrirás que é realmente a IA, como pode axudarche a aforrar tempo, mellorar procesos e tomar mellores decisións, ademais de coñecer ferramentas sinxelas que xa podes empezar a aplicar no teu negocio.

 

A través dunha metodoloxía participativa, con exemplos reais e exercicios prácticos, aprenderás a identificar oportunidades para incorporar a IA no teu proxecto, independentemente do sector no que desenvolvas a túa actividade.

 

Non é necesario ter coñecementos previos, só curiosidade e ganas de explorar novas formas de impulsar o teu negocio.

 

Dá o primeiro paso cara a unha maneira máis intelixente de emprender.
Descubre como a intelixencia artificial pode converterse na túa aliada para innovar, optimizar o teu tempo e facer medrar a túa idea con máis confianza.

 

Programa

16:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

16:05 h - Presentación da formación que impartirá Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio

16:10 h - Desenvolvemento da actividade:

- Que é a IA e por que é clave ao emprender

- Ferramentas e chats

- Creación de promts útiles e a súa aplicación

17:20 h - Preguntas e dúbidas

17:30 h - Peche da actividade


Online

Voltar