IA para o teu negocio IV: Gemini

Dende 30 de setembro, 2026 - Ata 30 de setembro, 2026

Cuarta sesión formativa organizada polo Polo de Mondoñedo, de carácter introdutorio e práctico, dirixida a persoas emprendedoras ou con interese en emprender. Unha sesión para achegarse a Gemini, coñecer os seus conceptos básicos e descubrir, dun xeito sinxelo e práctico, todo o que pode ofrecer para o teu proxecto.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 30 de setembro I 16:00 h - 17:20 h 

🖥️ En liña 

 

Cuarta parte da actividade IA para o teu negocio, unha sesión práctica organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo, pensada para seguir descubrindo todo o potencial da intelixencia artificial aplicada ao emprendemento.

 

Non é necesario ter participado nas sesións anteriores.

 

A intelixencia artificial xa forma parte do día a día de moitos negocios, e coñecer ben as súas posibilidades pode marcar a diferenza. Nesta xornada en liña aprenderás, de forma práctica e sinxela, como utilizar Gemini para aforrar tempo, optimizar tarefas e impulsar o teu proxecto.

 

Verás exemplos reais para crear contido, redactar correos e respostas a clientes, analizar tendencias, xerar novas ideas e moito máis. Ademais, aprenderás a crear prompts para conseguir respostas útiles, profesionais e adaptadas ás necesidades do teu negocio.

 

Non se trata só de coñecer a ferramenta, senón de aprender a sacarlle partido no teu día a día.

 

Nesta actividade, impartida por Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio, descubrirás dun xeito claro e sinxelo:

  • Que é Gemini e como funciona.
  • Como utilizar a intelixencia artificial no teu negocio desde o primeiro momento.
  • Ideas prácticas para crear contidos, organizar tarefas e mellorar a comunicación.
  • Exemplos reais e aplicacións útiles para distintos sectores.
  • Ferramentas e recursos básicos para comezar a integrar a IA no teu día a día profesional.

 

Anímate a participar e descubre todo o que Gemini pode facer por ti e polo teu negocio!

Programa

16:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

16:05 h - Presentación da formación que impartirá Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio

16:10 h - Desenvolvemento da actividade:

  • Introdución a Gemini e ás súas posibilidades no ámbito profesional
  • Uso de Gemini para creación de contidos, comunicación e organización de tarefas
  • Elaboración de prompts eficaces e aplicación práctica en proxectos emprendedores

17:20 h - Preguntas e dúbidas

17:30 h - Peche da actividade


Online

Voltar