Dende 18 de xuño, 2026 - Ata 18 de xuño, 2026
Terceira sesión formativa, organizada polo Polo de Mondoñedo, de carácter introdutorio e práctico dirixida a persoas emprendedoras ou con interese en emprender, na que se abordaran os conceptos básicos de Claude.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Online

🗓️ Xoves, 18 de xuño I 16:00 h - 17:30 h
🖥️ En liña
A intelixencia artificial está a cambiar a forma de traballar e de emprender, e cada vez xorden ferramentas máis potentes e accesibles. Nesta terceira sesión de "IA para o teu negocio" organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo, imos coñecer Claude, unha IA que che pode axudar a escribir mellor, organizar ideas, analizar información e optimizar moitas tarefas do teu día a día profesional.
E o mellor: non necesitas ter participado nas sesións anteriores. Podes incorporarte directamente e aproveitar ao máximo esta formación.
Nun contexto cada vez máis dixital e competitivo, aprender a utilizar ferramentas como Claude pode axudarche a gañar tempo, mellorar a toma de decisións e facer o teu traballo máis eficiente e organizado.
Durante a sesión Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio explicará de forma práctica e sinxela, como sacarlle partido a esta ferramenta e como aplicala ao teu proxecto, independentemente do sector no que traballes.
Se queres seguir avanzando no mundo da intelixencia artificial e descubrir novas formas de traballar máis rápido e con máis criterio, esta sesión é para ti.
Programa
16:00 h - Recepción de asistentes e benvida
16:05 h - Presentación da formación que impartirá Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio
16:10 h - Desenvolvemento da actividade:
17:20 h - Preguntas e dúbidas
17:30 h - Peche da actividade
![]()