IA para o teu negocio II: Chat GPT

Dende 16 de xuño, 2026 - Ata 16 de xuño, 2026

Segunda sesión formativa, organizada polo Polo de Mondoñedo, de carácter introdutorio e práctico dirixida a persoas emprendedoras ou con interese en emprender, na que se abordaran os conceptos básicos do Chat GPT

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Martes, 16 de xuño I 16:00 h - 17:30 h 

🖥️ En liña 

 

Se es unha persoa emprendedora ou estás pensando en lanzar o teu proxecto, seguramente escoitaches falar da intelixencia artificial e de ferramentas como ChatGPT. Pero… sabes realmente como poden axudarche no teu negocio?

 

Chega a segunda parte da actividade “IA para o teu negocio I: primeiros pasos”, unha sesión práctica organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo, pensada para seguir descubrindo todo o potencial da intelixencia artificial aplicada ao emprendemento.

 

E o mellor: non é necesario ter participado na primeira sesión. Se non puideches asistir á actividade inicial, podes incorporarte sen problema e aproveitar igualmente esta formación.

 

Nun contexto cada vez máis dixital e competitivo, coñecer ferramentas de IA xa non é algo do futuro: é unha oportunidade real para aforrar tempo, mellorar a organización, crear contidos, comunicar mellor e aumentar a produtividade no día a día.

 

Nesta actividade, impartida por Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio, descubrirás dun xeito claro e sinxelo:

  • Que é ChatGPT e como funciona.
  • Como utilizar a intelixencia artificial no teu negocio desde o primeiro momento.
  • Ideas prácticas para crear contidos, organizar tarefas e mellorar a comunicación.
  • Exemplos reais e aplicacións útiles para distintos sectores.
  • Ferramentas e recursos básicos para comezar a integrar a IA no teu día a día profesional.

 

A sesión terá un enfoque práctico, dinámico e participativo, con explicacións accesibles e exercicios sinxelos orientados á aplicación real.

 

Programa

16:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

16:05 h - Presentación da formación que impartirá Lorena Rey, consultora en Estratexia, Márketing e Desenvolvemento de Negocio

16:10 h - Desenvolvemento da actividade:

  • Introdución a ChatGPT e ás súas posibilidades no ámbito profesional
  • Uso de ChatGPT para creación de contidos, comunicación e organización de tarefas
  • Elaboración de prompts eficaces e aplicación práctica en proxectos emprendedores

17:20 h - Preguntas e dúbidas

17:30 h - Peche da actividade


Online

Voltar