Dende 05 de maio, 2026 - Ata 05 de maio, 2026
Categorías: Outra

A formación en Intelixencia Artificial Empresarial de AJE Ourense ten como obxectivo achegar a IA a pemes e persoas emprendedoras desde un enfoque práctico, eliminando a barreira técnica e amosando como aplicala de forma real no día a día do negocio. Ao longo do programa, as persoas participantes aprenderán a utilizar a intelixencia artificial como unha ferramenta de traballo, optimizando procesos, mellorando resultados e gañando eficiencia, cunha metodoloxía clara e aplicable desde o primeiro momento.
O programa desenvolverase en catro sesións presenciais:
Sesión 1 · IA e Empresa: Mentalidade e Realidade
Introdución á intelixencia artificial aplicada á empresa, centrada en entender que é realmente a IA, desmontar mitos e adquirir a mentalidade axeitada para comezar a empregala. Traballaranse casos reais e a súa aplicación práctica en pemes.
Sesión 2 · Como facer que a IA traballe como o teu empregado (Método CROPLEP)
Sesión centrada en aprender a comunicarse correctamente coa IA para obter resultados útiles. Presentarase o método CROPLEP e realizaranse exercicios prácticos en Claude, pasando de respostas xenéricas a solucións aplicables.
Sesión 3 · Masterclass: O ecosistema de Claude como ferramenta de traballo
Aprofundamento no uso de Claude como ferramenta central. Traballarase con proxectos, análise de documentos e creación de prompts reutilizables para tarefas habituais como orzamentos, correos ou propostas.
Sesión 4 · Ferramentas clave e primeiras automatizacións
Exploración de novas ferramentas de IA orientadas á investigación de mercado, análise da competencia e xeración de ideas. A sesión remata coa creación das primeiras automatizacións e cun plan de acción personalizado para cada participante.
![]()