I Xornada dinamización do ecosistema local de emprendemento: taller de co-creación colectivo con axentes de dinamización do territorio do Polo de Verín

Dende 30 de abril, 2026 - Ata 30 de abril, 2026

Un encontro para conectar aos principais axentes do territorio, compartir visións e construír de forma colaborativa novas oportunidades de emprendemento en Verín-Monterrei e A Limia. Un espazo de traballo conxunto para fortalecer o ecosistema local e impulsar o futuro do rural.

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 30 de abril I 10:00 h - 14:00 h 

📍 Sede do Polo de Verín. Estrada do Polígono Industrial, n 99, Pazos, Verín 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín organiza esta xornada que reúne aos principais axentes de emprego e desenvolvemento local das comarcas de Verín-Monterrei e A Limia co obxectivo de fortalecer a colaboración, mellorar a coordinación e impulsar novas oportunidades de emprendemento no territorio.

 

O encontro combinará unha parte inicial de inspiración, na que se presentarán tendencias actuais, o Programa Remuda e casos de éxito de emprendemento no rural, cun espazo central de traballo colaborativo. Neste “Laboratorio de Ecosistema”, os participantes analizarán as necesidades do territorio, os recursos dispoñibles e as oportunidades de relevo xeracional e novos proxectos.

 

Como resultado, elaborarase unha folla de ruta conxunta para mellorar a coordinación entre axentes e optimizar o apoio ás persoas emprendedoras.

 

Trátase dunha iniciativa con vocación de continuidade, orientada a crear un espazo estable de cooperación entre administracións e profesionais do desenvolvemento local.

 

Programa 

10:00 h - Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín e inicio do taller 

 

10:20 h - Inspiración: presentación por parte dos técnicos do Polo do Programa Remuda, axudas autónomos, etc. e análise conxunto das  principais tendencias en emprendemento

 

11:15 h - Pílula de éxito: "Emprender no Rural". Exposición de exemplos de emprendedores locais de éxito apoiados desde o Polo

 

11:45 h - Pausa café - networking activo. Café con produtos locais.

 

12:15 h - Laboratorio de Ecosistema: 

 

- Análise das necesidades actuais dos Axentes de emprego e desenvolvemento local, análise das necesidades do mercado e principais sectores do territorio.

- Posta en común dos recursos locais e identificación de posibles proxectos de remuda.  

Sinerxías entre os axentes. Os participantes debaterán sobre como simplificar trámites

 

13:15 h - Deseño dunha "folla de ruta coordinada de acompañamento a emprendedores". Recapitulación de principais conclusións da xornada.

 

14:00 h - Conclusións, lanzamento dun reto en base ás mesmas, convocatoria da seguinte edición (II Xornada), despedida e agradecementos.

 
 

Presencial

Voltar