Galicia–Uruguay: Raíces rurais, Proxectos Globais

Dende 04 de maio, 2026 - Ata 04 de maio, 2026

Visita formativa e de redes de contacto con emprendedores procedentes de Uruguay, na que se darán a coñecer os servizos que prestan os Polos de emprendemento e apoio ao emprego, concretamente no Barco de Valdeorras, incluindo a visita de estudo de dous casos de emprendemento ligados á artesanía e ao deseño artístico e textil en Valdeorras.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 4 de maio I 12:00 h - 17:00 h 

📍 Sede do Polo de O Barco. Casa Grande de Viloria, Praza Ramón Otero Pedraio, n11, O Barco de Valdeorras 

 

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de O Barco acolle unha visita formativa e de intercambio dirixida a un grupo de emprendedores procedentes de Uruguay, acompañados por representantes institucionais do ecosistema emprendedor do seu país, coa colaboración da Fundación Ronsel.

 

Durante a xornada, daranse a coñecer de primeira man os servizos que ofrece o Polo de O Barco, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, facendo especial fincapé no apoio integral ás persoas emprendedoras da comarca a través de titorías personalizadas, orientación estratéxica, acompañamento na posta en marcha de proxectos e conexión co tecido socioeconómico local.

 

A actividade permitirá tamén visibilizar o potencial emprendedor da comarca de Valdeorras, combinando a presentación do modelo de funcionamento do Polo cun achegamento práctico a dous casos reais de emprendemento asesorados no territorio: Artesanía Enxebre de Valdeorras, iniciativa consolidada vinculada á marca Artesanía de Galicia, e Kopetoza, proxecto emerxente no ámbito do deseño e produción téxtil na Rúa de Valdeorras.

 

Programa 

 

12:00 h - Benvida institucional

-Recepción do grupo no Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco.

-Presentación breve do equipo anfitrión, de Fundación Ronsel e da xornada.

-Contexto de Valdeorras como territorio emprendedor e explicación do papel do Polo no acompañamento a proxectos.

 

12:30 h - Presentación do Polo

-Visita guiada polas oficinas.

-Explicación de como se atenden os proxectos: titorías personalizadas, orientación, apoio na posta en marcha, programa Remuda e conexión con recursos locais.

-Pequeno bloque de preguntas e respostas para que os emprendedores uruguaios comparen modelos e metodoloxías.

 

13:00 h - Pequeno paseo pola emblemática praza de Viloira

 

14:00 h - Xantar nun restaurante local

 

15:00 h -  Visita ó taller de Artesanía Enxebre de Valdeorras (Sarah Jane Borcuk Cardoso, emprendedora asesorada no Polo de emprendemento de O Barco)

 

17:00 h - Visita a “Kopetoza” (Carina Rodríguez Rodríguez, idea de negocio en fase inicial de desenvolvemento en A Rúa)


Presencial

Información adicional

ColaboradoresFundación Ronsel e Centro de Innovación y Emprendimiento de la Universidad ORT (Uruguay)

Voltar