Dende 26 de setembro, 2025 - Ata 26 de setembro, 2025
Coñece dúas historias de proxectos pioneiros de emprendedores que retornan ou chegan a Galicia pensando en establecer a súa actividade
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 26 de setembro | 10:30 - 13:00 h
📍 Casa do Cuco. Arxerei, s/n. San Martiño de Condes, Friol
O rural galego está a combater a despoboación que experimenta desde hai anos, grazas á aposta polo emprendemento, tanto pola xente que viviu no territorio toda a súa vida como polas persoas retornadas e estranxeiras que chegan aquí para construír o seu proxecto.
É importante contar con referencias e coñecer outros casos de éxito na comarca que inspiren a nova creación de negocios que aposten pola comarca. O Polo de Friol organiza este relatorio para dar voz a dous proxectos que son exemplo de superación e de valores no emprendemento galego.
Soibun Limited é un proxecto especializado en marketing dixital, e tras o seu éxito se atopa José Manuel Vázquez López, un emprendedor lucense que retornou á casa no verán do 2024 logo de emigrar a Irlanda a comezos do 2014.
Casa do Cuco é o proxecto de emprendemento de Camila Feriol, arxentina emigrada a Galicia xunto a súa familia. Este aloxamento rural ofrece a diversidade natural que sempre buscaron e desde entón volcouse por sacar adiante o negocio.
As historias destas dúas persoas emprendedoras é digna de escoitar, e nesta sesión guiada por técnicos do Polo de emprendemento contarán como superaron as dificultades ata converterse na inspiración que son hoxe. Tras o relatorio, visitaranse as instalacións da Casa do Cuco e haberá unha degustación de produtos de Traloagro, outro caso de retorno a Galicia para apostar polo emprendemento no rural.
Programa
10.30 h - Recepción de participantes.
10.50 h - Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol.
11.10 h - Relatorio “Galicia como destino emprendedor, de volta e de chegada. Comezos, valores, dificultades, logros,…”, por Camila Feriol e José Manuel Vázquez, promotores de Casa do Cuco e Soibun Limited.
12.30 h - Visita ás instalacións de Casa do Cuco.
13.00 h - Degustación e networking.
Déixate inspirar por estas historias de éxito que escolleron Galicia como destino emprendedor e inscríbete.
![]()