Froitos secos en Galicia: do campo ao mercado

Dende 02 de xullo, 2026 - Ata 02 de xullo, 2026

Categorías: Outra

 

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Froitos secos en Galicia: do campo ao mercado" no marco da Rede Eusumo.

 

Data: 2 de xullo

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Online

 

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Produtores/as do sector agrario, persoal técnico, investigadores/as, estudantado e público interesado

 

Obxectivos:

  • Promover o coñecemento das posibilidades reais do cultivo de froitos secos en Galicia como oportunidade de negocio no sector agroalimentario.
  • Analizar a cadea de valor completa: desde a elección de especie e o manexo do cultivo ata a transformación e a comercialización.
  • Trasladar ao sector agrario galego experiencias e resultados técnicos contrastados procedentes doutras rexións produtoras de España.
  • Impulsar a xeración de emprego e a fixación da poboación no medio rural galego a través de novas producións agrarias viables.

 

Programa:

  • BLOQUE I - Apertura e contexto sectorial
    • Froitos secos no norte peninsular: ten Galicia condicións para producilos?
  • BLOQUE II - As especies: agronomía e ensaios
    • O pistacho: comportamento varietal e manexo técnico en zonas de transición climática
    • Nogueira, abeleira e amendoeira: resultados experimentais e criterios de elección de especies
  • BLOQUE III - Implantación agronómica en Galicia
    • Como establecer unha plantación de froitos secos en Galicia: solo, espazo e manexo
  • BLOQUE IV - Transformación, valor engadido e comercialización
    • Do froito seco a produto final: procesado, calidade e oportunidades de diferenciación
    • Como vender froitos secos: mercados, prezos, canles e condicións reais de acceso

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

 

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop


Outra

Voltar