
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Froitos do bosque en Galicia: o potencial das berries" no marco da Rede Eusumo.
Data: 25 de xuño
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
- Persoas que teñan vinculación coa economía social
- Produtores/as do sector agrario, persoal técnico, investigadores/as, estudantado e público interesado
Obxectivos:
- Transferir ao tecido cooperativo galego o coñecemento técnico e empresarial acumulado no sector dos froitos do bosque en Galicia e noutras rexións de referencia
- Presentar sistemas de produción reais, viables e escalables adaptados a explotacións medianas e pequenas agrupadas en cooperativas
- Identificart oportunidades concretas de transformación, valor engadido e comercialización que melloren a rendibilidade do produtor galego
- Analizar as condicións agronómicas específicas de Galicia para cada especie: que funciona, que non e por que
Programa:
- BLOQUE I - Apertura e contexto sectorial
- Os froitos do bosque en Galicia: situación actual, evolución do sector e claves do éxito atlántico
- BLOQUE II - As especies: agronomía e sistemas de produción
- O arando en Galicia: variedades, solo e manexo en produción convencional e ecolóxica
- Fresa, framboesa e mora: sistemas de produción intensiva baixo plástico para o mercado de verán e outono
- BLOQUE III - Agronomía aplicada: implantación e manexo en Galicia
- Como iniciar un cultivo de froitos do bosque en Galicia: decisións clave antes de plantar
- BLOQUE IV - Poscolleita, transformación e comercialización
- Poscolleita e transformación de froitos do bosque: calidade, conservación e produtos derivados
- Como vender froitos do bosque: mercados, prezos e acceso a canles desde Galicia
- Mesa aberta de debate: preguntas e comentarios
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop