Forxando alianzas no sector turístico da Baixa Limia

Dende 18 de novembro, 2025 - Ata 18 de novembro, 2025

Un encontro organizado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas para conectar, inspirarse e crear novas oportunidades

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 18 de novembro | 17:00 - 19:30 h

📍 Biblioteca municipal Entrimo. Avda Santa María la Real, 39, Entrimo, Ourense 

 

A Baixa Limia é un territorio con enorme potencial turístico, cheo de natureza, cultura e iniciativas locais que fan da comarca un destino con identidade propia. Co obxectivo de reforzar este sector clave para a economía local, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas organiza en Entrimo un encontro dirixido ao sector turístico, que pretende dinamizar o territorio e crear novas oportunidades de colaboración.

 

Esta xornada busca fomentar o coñecemento mutuo entre as persoas beneficiarias do Polo e as persoas profesionais vinculadas directa ou indirectamente ao turismo, promover a colaboración e o traballo en rede, e visibilizar o talento e a diversidade presentes na comarca.

 

Trátase dun espazo de encontro para compartir experiencias, identificar oportunidades comúns e poñer en marcha novas ideas e proxectos que impulsen o desenvolvemento turístico da Baixa Limia. Ademais, o evento incluirá presentacións, relatorias inspiradoras e un espazo de networking para favorecer o intercambio de contactos e sinerxías.

 

🗓️ Programa da xornada

 

17:00 h: Recepción de asistentes e benvida

 

17:05 h: Presentación do Polo e os seus servizos a cargo dos técnicos do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas por Verónica Ferraro e José Manuel Gómez Cabo 

 

17:15 h: Relatorio Avivae "Estratexia do turismo en Galicia: elementos diferenciadores locais" por Fátima Cachafeiro 

 

18:15 h: Relatorio GDR10 Limia-Arnoia "Áreas de interese turístico e proxectos actuais xestionados polo GDR10" por Eva González 

 

18:30h: Relatorio Xeitura-Xestión integral de patrimonio "Actividades e proxectos de lecer e tempo libre desenvoltos en Ourense e o seu posible replica na Baixa Limia" 

 

19:15 h: Networking 

 

19:30 h: Peche da xornada 

 

Inscríbete e participa neste encontro destinado a impulsar o turismo e fomentar a colaboración na Baixa Limia! 

 


Presencial

Información adicional

ColaboradoresConcello de Entrimo

Voltar