Dende 07 de outubro, 2025 - Ata 07 de outubro, 2025
Charla sobre emprendemento Rural con Pablo Franco da Startup de base tecnolóxica Datcisions, e Ana Prado e Fran Barros de AP Asesoría co ABC e tips de cómo emprender no rural e non morrer no intento.
Categorías: Outra
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes 7 de outubro | 10:30h - 13:00h
📍 Zona Franca Vigo (Centro de Negocios Porto do Molle). Rúa das Pontes, 4, 36350, Nigrán (Pontevedra).
A actividade xirará arredor das claves do emprendemento no rural, tomando como referencia a experiencia práctica de diferentes profesionais. Pablo Franco, da startup de base tecnolóxica Datcisions, e Ana Prado e Fran Barros, de AP Asesoría, explicarán:
O ABC do emprendemento no rural e os consellos básicos para dar os primeiros pasos.
Como afrontar os principais desafíos que atopan os proxectos fóra do entorno urbano.
Estratexias e tips prácticos para emprender no rural “e non morrer no intento”.
As oportunidades de innovación e desenvolvemento que ofrece o territorio galego.
O prezo da actividade é de 10 € por persoa para non asociados, sendo gratuíta para asociados de AJE e beneficiarios da Rede de Polos.
![]()