Fomentando a transmisión de negocios

Dende 24 de marzo, 2026 - Ata 24 de marzo, 2026

Un encontro para coñecer as oportunidades que ofrecen o Bono para a Remuda Xeracional e as axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Rural, claves para emprender e asentarse no territorio

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 24 de marzo I 18:00 h - 19:15 h 

📍 Sala Multiusos da Oficina do Polo de Monforte. R/ San Pedro, 1, Monforte de Lemos 

 

Queres emprender no rural ou coller o relevo dun negocio xa en marcha? Esta información interésache! 

 

Moitas persoas con ganas de emprender descoñecen unha oportunidade clave: o Bono para a Remuda Xeracional, unha axuda pensada para facilitar que negocios viables continúen e pasen a novas mans. Grazas a este apoio, é posible iniciar un proxecto empresarial partindo dunha actividade xa consolidada.

 

Ao mesmo tempo, un dos grandes retos no rural é atopar vivenda para persoas emprendedoras e traballadores. Por iso, tamén se presentarán as Axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Rural, unha oportunidade para recuperar inmobles e crear novas opcións de aluguer.

 

Nesta actividade formativa participativa daranse a coñecer:

 

  • Os detalles e vantaxes do Bono para a Remuda Xeracional.

  • As subvencións para rehabilitar vivendas no rural.

  • Oportunidades reais para emprender, vivir e traballar no territorio.

 

Un espazo pensado para informar, resolver dúbidas e conectar oportunidades para o futuro do noso rural.

 

Inscríbete e descobre como estas axudas poden axudarche a dar o paso.

 

Programa

18:00 h - Recepción de asistentes e benvida. 

18:10 h -  Presentación do Polo de emprendemento e da actividade 

18:20 h - Descrición e pormenores do Bono Remuda Xeracional e da axuda para rehabilitación de vivendas no rural

19:00 h - Quenda de preguntas 

19:15 h -  Nekworking - Petiscos

 


Presencial

Voltar