Dende 10 de xuño, 2026 - Ata 10 de xuño, 2026
Sesión práctica para persoas emprendedoras e autónomas na que se explican de forma sinxela os conceptos básicos de fiscalidade, facturación e impostos, con exemplos reais para mellorar a xestión do negocio.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 10 de xuño I 10:00 h - 12:00 h
🖥️ En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión
Se estás a emprender ou acabas de comezar co teu proxecto, seguro que che soa isto: facturas, impostos, autónomos, IVE… e unha chea de conceptos que ás veces non son fáciles de entender cando estás poñendo en marcha un negocio.
No Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa detectamos que moitas persoas emprendedoras comparten as mesmas dúbidas nas primeiras etapas: non sempre está claro canto se está a gañar realmente, que gastos se poden ter en conta, como funcionan os impostos ou que implica darse de alta como autónomo. Tamén é habitual cometer pequenos erros nas primeiras facturas, non ter unha visión clara da rendibilidade do proxecto ou delegar completamente a parte fiscal sen chegar a entendela de verdade, o que xera inseguridade á hora de tomar decisións.
Por iso organizamos esta sesión práctica, pensada para achegar de forma clara e sinxela os conceptos básicos de fiscalidade aplicados ao emprendemento, con exemplos reais e explicacións adaptadas ao día a día. Trátase de entender mellor os números do teu negocio para que poidas tomar decisións con máis seguridade, evitar erros habituais, mellorar a relación coa túa asesoría e ter unha visión máis real da situación económica do teu proxecto.
Apúntate e comeza a entender o teu negocio desde dentro, con máis claridade e confianza.
Programa
10:00 h - Benvida a asistentes e presentación da sesión
Presentación da formación, obxectivos e enfoque práctico da xornada.
10:10 h - Conceptos básicos de fiscalidade para emprendedores
10:30 h - Principais erros e dúbidas habituais
11:00 h - Casos prácticos e exemplos reais
11:30 h - Quenda aberta de preguntas e resolución de dúbidas
11:50 h - Titorías especializadas, enquisa de valoración e peche da sesión
Presentación do acompañamento dispoñible desde o Polo, realización da enquisa de valoración e peche da formación.
![]()