Dende 21 de outubro, 2026 - Ata 21 de outubro, 2026
Acabas de iniciar a túa actividade como persoa autónoma? Aprende a xestionar as túas obrigas fiscais nesta formación práctica en liña organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Mércores, 21 de outubro I 16:00 h - 18:00 h
💻 En liña (enviarase ligazón dentro das 24 h previas do inicio da actividade)
MANTENSE A ACTIVIDADE PERO ACTUALIZAMOS O CONTIDO:
Acabas de emprender? Coñece as túas obrigas fiscais!
Ser unha persoa autónoma implica moito máis que poñer en marcha unha idea: tamén hai que saber como xestionar os impostos, cumprir coas obrigas legais e evitar erros que poden saír caros.
Desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas organizamos unha formación práctica na que aprenderás o esencial sobre o proceso de alta, as declaracións trimestrais de IVE e IRPF e moito máis!
2 horas de formación en liña para resolver dúbidas e ter os coñecementos necesarios para xestionar mellor a túa actividade, mesmo se contas cunha xestoría.
Anímate a participar e toma as rendas da fiscalidade do teu negocio!
Programa:
16:00 h - Introducción e benvida
16:05 h - Contido temático:
18:00 h - Peche de xornada
![]()