Dende 27 de xaneiro, 2026 - Ata 27 de xaneiro, 2026
Que as finanzas non te frenen: descubre como calcular custos, entender ingresos e tomar mellores decisións económicas para facer despegar o teu proxecto
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 27 de xaneiro | 10:00 - 14:00 h
📍Polo de Ferrol. R/ María, n· 158, Ferrol
Emprender é moito máis ca ter unha boa idea: tamén é saber manexar os números que a fan sostible. Se ás veces os custos, os ingresos ou a planificación económica che soan a algo complexo, esta formación é para ti.
O Polo de Ferrol, en colaboración coa Cámara de Comercio de A Coruña, lanza esta oportunidade para perderlle o medo ás finanzas e aprender, paso a paso, como funciona a economía do teu proxecto. Nun formato breve e dinámico, a formación desenvolverase en dúas sesións complementarias:
A primeira xornada terá un carácter fundamentalmente teórico e estará orientada a introducir os conceptos financeiros básicos tales como ingresos, gastos, custos fixos e variables, marxe, punto de equilibrio, liquidez e planificación financeira básica.
A segunda xornada, que se desenvolverá o 29 de xaneiro e á que te podes inscribir AQUÍ, terá un enfoque eminentemente práctico, no que se aplicarán os coñecementos adquiridos previamente mediante exercicios, casos prácticos e exemplos adaptados á realidade de pequenas iniciativas empresariais.
Programa da 1ª Xornada - 27 de xaneiro
10:00 h - Apertura da xornada
10:10 h
12:00 h - Pausa café
12:15 h
14:00 h - Peche da xornada
Consulta o programa do 29 de xaneiro AQUÍ
Apúntate e comeza a darlle forza ao teu proxecto: un espazo para gañar seguridade, tomar mellores decisións e poñer as bases económicas do teu negocio!
![]()