Ferramentas innovadoras aplicadas á xestión de entidades de Economía Social

Dende 10 de abril, 2026 - Ata 10 de abril, 2026

Categorías: Outra

 

Aeiga organiza unha formación networking sobre "Ferramentas innovadoras aplicadas á xestión de entidades de Economía Social", dentro do marco da Rede Eusumo. 

Fecha: 10 de abril

Horario: 09:30 - 12:30 h

Modalidade: Online

Obxectivos: 

  • Identificar retos e oportunidades na implementación da IA nas entidades de economía social.
  • Comprender a Intelixencia Artificial Xenerativa e o seu impacto no sector.
  • Explorar aplicacións prácticas da IA en áreas como xestión de recursos humanos e optimización operativa.
  • Xerar interaccións e sinerxías que permitan establecer colaboracións futuras entre as entidades asistentes.

Contidos:

  • Comparativa funcional de ferramentas de IA Xenerativa.
  • Deseño de plans de comunicación e calendarios de redes sociais.
  • Creación automatizada dos textos, copies e contidos divulgativos.
  • Xeración de presentacións con ferramentas como Canva/Gamma.
  • Optimización de procesos creativos e administrativos.
  • Casos prácticos vinculados a proxectos do terceiro sector.

O programa está dirixido a: Equipos directivos e técnicos de entidades da Economía Social e profesionais interesados na innovación e tecnoloxía aplicada á xestión social e empresarial.

Prazo de inscripcións aberto a través do seguinte formulario.


Outra

Voltar