Dende 25 de febreiro, 2026 - Ata 25 de febreiro, 2026
Actividade formativa para pequenos comercios na que aprenderás a organizar facturas, identificar gastos deducibles, escoller o réxime fiscal axeitado e anticipar impostos. Inscríbete!
Categorías: Conectando o polo co sector...

🗓️ Mércores, 25 de febreiro I 15:00 h - 16:30 h
📍 Salón de actos da Casa Grande de Viloira. R/ Elena de Quiroga, n11, O Barco de Valdeorras, Ourense
Se tes un pequeno comercio, sabes que a fiscalidade pode ser un labirinto: impostos, facturas, deducións… é fácil sentirse perdido. Por iso nace esta formación práctica, organizada polo Polo de O Barco en colaboración co Centro Comercial Aberto O Barco, pensada para que tomes o control do teu negocio.
Con Elisa Fernández, educadora financeira experta, descubrirás como organizar as túas contas, planificar os impostos e sacar o máximo rendemento legalmente. Aprenderás a tomar decisións intelixentes sobre prezos, investimentos e fluxo de caixa, deixando de improvisar e pasando a unha xestión proactiva que xera beneficios reais.
Non deixes que a fiscalidade frene o crecemento do teu negocio. Inscríbete hoxe e comeza a optimizar os teus resultados desde o primeiro día!
Programa
15:00 h - Recepción de asistentes
15:10 h - FAI RENDIBLE O TEU NEGOCIO: CONTROLA A TÚA FISCALIDADE”
1. Por que a fiscalidade importa para a rendibilidade
2. Obligacións fiscais básicas dun pequeno comercio
3. Calendario fiscal: cando e como presentar
4. Facturación legal e intelixente
5. Gastos deducibles: onde está o teu diñeiro
6. IVA: recupéralo todo e evite sorpresas
7. Libros rexistro: sinxelos pero imprescindibles
8. Deducións específicas para pequenos comercios
9. Relación xestoría-comerciante: traballar en equipo
16:20 h - Dudas e preguntas
16:30 h - Peche da sesión
![]()
ColaboradoresCentro Comercial Aberto