Dende 23 de outubro, 2025 - Ata 23 de outubro, 2025
Formación práctica dirixida a persoas emprendedoras e profesionais que queiran aprender a fixar prezos, controlar custos e mellorar a rendibilidade do seu negocio.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 23 de outubro de 2025 | 9:30 - 13:30 h
📍 Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol - Rúa Deputación, nº 18, 1º andar, 27220 Friol (Lugo)
No actual contexto económico, moitas persoas emprendedoras e profesionais independentes contan cun gran talento, pero teñen dificultades para transformar o seu esforzo nun negocio rendible. Este curso, organizado polo Polo de Friol, nace coa finalidade de ofrecer ferramentas prácticas para xestionar a rendibilidade e tomar decisións financeiras informadas.
A través dunha metodoloxía dinámica e exemplos reais, traballaranse cuestións fundamentais como as marxes de beneficio, a definición de prezos axeitados e o control de custos, de maneira que cada participante poida aplicar o aprendido ao seu propio proxecto.
O obxectivo é axudar ás persoas emprendedoras a tomar o control das súas finanzas, asegurando que o seu talento e dedicación se convertan nunha actividade sostible e sólida no tempo.
Programa:
09:30 h: Benvida e presentación: por que a rendibilidade é a base do teu éxito.
09:40 h: A túa rendibilidade en números: marxes e conceptos clave.
10:30 h: O prezo xusto: estratexias de prezos para o teu talento.
11:30 h: Pausa café e networking.
12:00 h: Controla os teus custos: xestión intelixente e sinxela.
12:45 h: Do coñecemento á acción: exercicios prácticos e resolución de casos.
13:15 h: Preguntas e respostas.
13:30 h: Peche da actividade.
Actividade gratuíta dirixida a persoas emprendedoras, autónomas e pequenas empresas que desexen mellorar a xestión financeira e aumentar a rendibilidade dos seus proxectos. Inscríbete!
![]()