Dende 03 de xullo, 2026 - Ata 03 de xullo, 2026
Xornada práctica sobre IA para aforrar tempo na xestión diaria de pequenas empresas, persoas autónomas e emprendedoras.
Categorías: Formación
Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

🗓️ Venres, 3 de xullo I 15:30 h - 18:15 h
📍 Sala Coworking da Sede do Polo de Coristanco. Feiranova s/n, Coristanco, A Coruña
Se tes unha pequena empresa, es unha persoa autónoma ou estás cun proxecto emprendedor, xa sabes como é: o día énchese de tarefas repetitivas que rouban tempo e enerxía. Correos, documentos, mensaxes, redes sociais, organización… e ao final, o importante queda sempre para despois.
Nesta xornada práctica de 3 horas, organizada polo Polo de Coristanco, vas descubrir como a Intelixencia Artificial pode axudarche precisamente con iso: facer máis rápido o que antes che levaba horas.
Veremos exemplos reais e moi sinxelos de aplicar ao teu traballo diario: como redactar mellor e máis rápido, como crear mensaxes para clientes, como organizar tarefas, como mellorar a comunicación en redes sociais e mesmo como automatizar pequenos procesos que che aforran tempo cada semana.
Non fai falta ser técnico nin ter coñecementos previos. A idea é que saias con ferramentas claras e, sobre todo, con ideas aplicables ao teu propio negocio desde o minuto un.
Porque ao final trátase disto: menos tempo no urxente, máis tempo no importante.
Programa
15:30 Recepción, benvida e presentación da actividade.
15:45 Xeración de texto e imaxe con IA xenerativa
16:45 Procesamento de imaxe con IA xenerativa
17:15 Pausa café e networking
17:30 Ferramentas e automatización de tarefas con axentes.
18:15 Posta en común, recomendacións e peche da xornada.
![]()