Factura electrónica B2B en práctica : Guía rápida con Verifactu para Pemes e autónomos

Dende 10 de xuño, 2026 - Ata 10 de xuño, 2026

Xornada práctica na Fonsagrada sobre facturación electrónica e Verifactu

Categorías: Formación

 

🗓️ Mércores, 10 de xuño I 10:00 h - 11:30 h 

🖥️ En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego da Fonsagrada organiza unha xornada práctica para axudar a comercios locais, autónomos, pemes e persoas emprendedoras a adaptarse aos novos cambios na facturación electrónica e ao sistema Verifactu, no marco da nova normativa estatal (Real Decreto 238/2026).

 

Unha sesión pensada para resolver dúbidas reais e facilitar a adaptación á nova forma de xestión administrativa, sen necesidade de coñecementos técnicos avanzados.

 

Veremos de forma clara e práctica como funciona o sistema, con demostración en directo, exemplos reais e un caso práctico guiado para que poidas ver como aplicalo ao teu negocio no día a día.

 

Apúntate se queres: 

  • Entender que cambia coa nova facturación electrónica
  • Evitar erros e problemas na xestión administrativa
  • Preparar o teu negocio para a nova normativa
  • Ver exemplos prácticos e reais de aplicación

 

Inscríbete e prepárate para dar o salto á facturación dixital sen complicacións.

 

Programa

10:00 h - Introdución e contexto
10:10 h - Requisitos clave e responsabilidades

• Obrigas do emisor e do receptor; prazos de comunicación de estados. 10:30 hrs Demostración práctica en Verifactu

• Factura estruturada; firma electrónica; envío por plataforma privada; comunicación do pago á AEAT; xestión de aceptación/rexeitamento.

• Demostración exemplo con software xestión empresarial. 11:05 hrs Casos prácticos e resolución de dúbidas
11:30 h - Peche da actividade


Formación

Voltar