Facendo redes e negocios cun café na Baixa Limia

Dende 29 de setembro, 2026 - Ata 29 de setembro, 2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas organiza unha xornada para conectar proxectos, compartir ideas e descubrir novas oportunidades de colaboración na Baixa Limia.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Martes, 29 de setembro I 15:00 h - 17:00 h 

📍 Bar Fortes. R/ de Xaquín Lorenzo F. Xocas, 34, Mugueimes, Ourense 

 

Se tes un proxecto emprendedor ou formas parte do pequeno comercio da Baixa Limia, esta xornada organizada polo Polo de Baños de Molgas é unha oportunidade para coñecer outras iniciativas, compartir experiencias e crear novas conexións.

 

A través dunha dinámica de speed networking, poderás presentar o teu proxecto ou negocio, contar os teus principais retos e coñecer de primeira man o que están facendo outras persoas emprendedoras e comerciantes da contorna.

 

Un espazo pensado para intercambiar ideas, detectar necesidades comúns e identificar posibles colaboracións e sinerxías que poidan abrir novas oportunidades de negocio.

 

Porque moitas veces, unha boa conexión pode ser o primeiro paso para poñer en marcha unha nova colaboración.

 

Anímate a participar e amplía a túa rede profesional na Baixa Limia!

 

Programa: 

15:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada

15:05 h - Presentación do Polo e os seus servicios

15:15 h - Actividad speed networking, estilo “round-robin”: Neste esquema, os participantes sentan en mesas e túrnanse para conversar con todos os asistentes. Cada rolda dura un tempo determinado, xeralmente de 3 a 5 minutos, tras o cal soa unha campá ou alarma para indicar que é momento de cambiar de parella.

Este método asegura que cada participante teña a oportunidade de interactuar con todos os demais, maximizando as posibilidades de facer conexións valiosas

16:40 h - Establecemento de conexións entre asistentes con posibles sinerxias.

17:00 h - Peche de xornada


Presencial

Voltar