Dende 10 de xullo, 2026 - Ata 10 de xullo, 2026
Este encontro está pensado para conectar persoas emprendedoras e o pequeno comercio de Celanova, favorecendo o contacto directo, o intercambio de experiencias e a creación de novas oportunidades de colaboración e negocio.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Venres, 10 de xullo I 15:00 h - 17:00 h
📍 Amarelo Resto-Bar. R/ Colón, 4, Celanova, Ourense
Queres coñecer outras persoas que, coma ti, están a facer medrar o seu proxecto ou negocio? Esta actividade, organizada polo Polo de Baños de Molgas en colaboración con CHEA, é unha oportunidade perfecta para dar un paso máis e crear conexións reais dentro do tecido emprendedor e comercial da zona.
Trátase dun encontro dinámico e participativo no que cada persoa poderá presentar o seu proxecto, compartir a súa experiencia e explicar os retos aos que se enfronta no día a día. A partir de aí, xurdirá o máis interesante: descubrir puntos en común, necesidades compartidas e posibles colaboracións que poden abrir novas oportunidades de negocio.
Este espazo está pensado para favorecer o contacto directo entre emprendedores, emprendedoras e o pequeno comercio, xerando unha rede máis forte, máis próxima e con máis capacidade de crecemento conxunto.
Se tes un proxecto en marcha, unha idea ou simplemente queres coñecer outras iniciativas da contorna, esta é a túa ocasión para conectar, aprender e abrir novas portas.
Porque cando as persoas se coñecen, as ideas medran. E cando colaboramos, os proxectos van máis lonxe.
Programa:
15:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da xornada
15:05 - Presentación do Polo e os seus servicios
15:15 h - Actividad speed networking, estilo “round-robin”
Neste esquema, os participantes sentan en mesas e túrnanse para conversar con todos os asistentes. Cada rolda dura un tempo determinado, xeralmente de 3 a 5 minutos, tras o cal soa unha campá ou alarma para indicar que é momento de cambiar de parella.
Este método asegura que cada participante teña a oportunidade de interactuar con todos os demais, maximizando as posibilidades de facer conexións valiosas
16:40 h - Establecemento de conexións entre asistentes con posibles sinerxias.
17:00 h - Peche da xornada
![]()
ColaboradoresCelanova CHEA