Estratexias para homologar a túa formación e exercer a túa profesión en Galicia

Dende 27 de marzo, 2026 - Ata 27 de marzo, 2026

Xornada técnica e práctica para clarificar o mapa burocrático das homologacións, equivalen-cias e convalidacións. Aprenderás paso a paso os requisitos documentais e os trámites dixitais necesarios para validar o teu título estranxeiro en España.

Categorías: Formación

Modalidades: Híbrida (presencial+streaming)

 

🗓️ Venres, 27 de marzo I 10:00 - 13:30 h 

📍 Sede do Polo de Coristanco. Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa Feiranova, s/n, Coristanco, A Coruña 

 

Moitos profesionais estranxeiros atopan dificultades para traballar no seu sector porque os seus títulos aínda non están recoñecidos en España. Pero hai solucións, e saber por onde comezar pode marcar a diferenza.

 

Nesta xornada técnica e práctica aprenderás, dunha forma clara e accesible, como regularizar a túa situación profesional. Unha experta en estranxeiría e homologación de títulos explicará paso a paso os diferentes procedementos: homologación, equivalencia e convalidación, así como os requisitos necesarios, desde a Apostila da Haia ata as traducións oficiais e os trámites dixitais.

 

Ademais, poderás expor o teu caso e recibir orientación rápida para saber cal é o camiño máis axeitado para ti.

 

Que conseguirás participando?

  • Entender que trámite necesitas segundo a túa profesión.

  • Evitar erros frecuentes que fan perder tempo e diñeiro.

  • Achegarte a novas oportunidades laborais cualificadas ou a iniciar o teu propio proxecto profesional en Galicia.

 

O teu coñecemento e a túa experiencia son valiosos.

 

Programa 

10:00 - 10:15 h: Benvida e contexto 

Obxectivo: Presentar o Polo como punto de apoio para a súa inte- gración laboral.
Contidos:

• Benvida institucional 
• Servizos do Polo: Como podemos axudarche mentres se tramita o teu título (orientación, busca de emprego, emprendemento).

 

10:15 h -  Bloque 1: Entendendo o labirinto (a teoría práctica)

Obxectivo: Diferenciar conceptos clave para non equivocarse de trámite.


Contidos:

• Homologación vs. Equivalencia: A gran confusión. Cando necesito unha e cando a outra? (Diferenza entre médicos/arqui- tectos e licenciados xerais).

• Convalidación de Estudos Non Universitarios: Como validar o Bacharelato ou a FP para seguir estudando ou traballar. 

• A documentación sagrada: Que é a Apostila da Haia? Que traducións son válidas? Compulsa de documentos.

 

11:30 h - Pausa: café e networking 

 

12:00 h - Bloque 2: o proceso paso a paso 

Obxectivo: Aprender a usar a Sede Electrónica. Contidos:

  • Demostración en tempo real: Como se entra na web do Ministerio.

  • Taxas e prazos reais (expectativas vs. realidade): Canto vai tardar o meu título?

  • Que podo facer mentres espero? (Emprego non cualificado, formación complementaria, arraigo por formación).

 

13:00 h - "Triaxe" de títulos e preguntas 

Obxectivo: Resolución de dúbidas específicas.
Dinámica: A experta responderá preguntas sobre titulacións concretas (Ex: "Son enxeñeiro en Perú, que pido?", "Son enfermeira en Colombia, que me falta?").

 

 

 


Híbrida (presencial+streaming)

Voltar