Enredadas no cambio (Galicia-Perú)

Dende 15 de maio, 2026 - Ata 15 de maio, 2026

Trátase dun encontro de intercambio de experiencias e saberes que conecte esta experiencia no territorio galego, con outras emprendedoras e redes de emprendemento. Esta visita é unha oportunidade para tecer redes, compartir coñecemento e seguir construíndo propostas transformadoras en común.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Venres, 15 de maio I 11:00 h - 15:30 h 

📍 Santoalla do Monte, Petín, Ourense 

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Barco organiza en colaboración con Taller de Solidaridad (TDS), Cutivalú e Matria Cheas de Vida un encontro moi especial dentro do programa Enredadas no Cambio, unha iniciativa que promove un emprendemento inclusivo, feminista e con impacto social, conectando experiencias locais e globais.

 

A actividade propón un espazo de intercambio entre Galicia e Perú, no que mulleres emprendedoras de distintos territorios comparten experiencias, aprendizaxes e formas de facer empresa dende o coidado, a sostibilidade e o impacto comunitario.

 

Santoalla do Monte (Petín) acollerá esta xornada de encontro e convivencia entre emprendedoras peruanas e galegas, nun ambiente próximo e participativo: 

  • Lidia, lideresa comunitaria e integrante de redes de mulleres na súa rexión, virá xunto a Jessy Castillo, coordinadora do proxecto, co obxectivo de compartir aprendizaxes e experiencias. Ambas veñen dende Perú.
  • Dende Galicia, contaremos con Margo Pool (productora de queixo de cabra) e Elvira e Laura (Matria cheas de vida).

 

Ao longo do día haberá presentacións, unha dinámica grupal, un paseo polo entorno e un xantar comunitario en formato picnic, pensado como un espazo informal para conversar, coñecerse e xerar redes reais.

 

Programa:

11:00 h - Partiremos dende un punto de encontro en A Rúa https://maps.app.goo.gl/B5dc5nxTKhVet6ki8 destino a Santoalla do Monte (Petín), onde Margo Pool nos recibirá no seu fogar.

11:30 h - Chegada a Santoalla do Monte.

11:35 h - Benvida, presentacións das participantes. Marta Vázquez Guzmán (Directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia en Ourense.

11:40 h - Dinámica grupal “Enredadas no cambio”

13:00 h - Pequeno paseo por Santoalla do Monte (Anfitriona: Margo Pool).

13:30 h - Xantar comunitario. A xornada continuará cunha comida conxunta en formato picnic, un momento distendido para seguir conversando, coñecéndonos e fortalecendo a rede.

15:30 h - Peche da xornada, levando con nós novas ideas, conexións e enerxía para seguir impulsando iniciativas transformadoras.

 


Presencial

Voltar