Dende 28 de abril, 2026 - Ata 28 de abril, 2026
Únete a unha xornada de encontro e colaboración entre axentes clave do territorio para analizar o presente e o futuro do sector, compartir experiencias e identificar novas oportunidades que impulsen un desenvolvemento máis innovador, sostible e conectado coas necesidades actuais.
Categorías: Conectando o polo co sector...

🗓️ Martes, 28 de abril I 10:00 h - 12:00 h
📍 Sede do Polo de Vilanova de Arousa. Pazo de Vista Real, Camiño de Boutrín, 7, Vilanova de Arousa, Pontevedra
Queres formar parte do impulso dun dos sectores con maior proxección da nosa comarca?
Esta xornada propón un encontro pensado para conectar persoas e organizacións que fan posible a experiencia arredor do viño e do turismo no territorio. Será un espazo de análise e posta en común onde se abordará a realidade actual do sector desde unha visión práctica e próxima ao territorio.
Ao longo da sesión abrirase un diálogo entre perfís profesionais moi diversos, favorecendo o intercambio de ideas, coñecementos e visións complementarias. Tamén haberá dinámicas participativas orientadas a detectar novas vías de cooperación, mellorar a coordinación entre axentes e impulsar iniciativas innovadoras que respondan ás tendencias actuais.
Unha oportunidade única para compartir, inspirarse e construír xuntos novas liñas de desenvolvemento sostible e competitivo.
Programa
10:00 h - Benvida, presentación e recepción de invitados
10:05 h - Benvida e presentación da Rede de Polos
10:10 h - Contexto do territorio: Diputación de Turismo de Pontevedra y Ruta Rías Baixas
10:15 h -
Participan:
· Deputación do Turismo de Pontevedra.
· “Rutas Rías Baixas”.
· Adegas Gran Bazán.
· Adega Vionta.
· Representante do grupo hoteleiro: Gran Hotel Talaso e Hotel Carlos I de Sanxenxo
· Hotel Quinta San Amaro.
· Clúster de Turismo de Galicia
11:10 h - Dinámica participativa de traballo en grupos, orientada a:
Mesas de traballo (3 grupos)
11:45 h - Presentación ao grupo das conclusións das mesas
11:55 h - Despedida e peche
12:00 h - Networking
![]()