Engancha o teu negocio ao cliente. Metodoloxía LEGO

Dende 26 de marzo, 2026 - Ata 26 de marzo, 2026

Descubre un obradoiro práctico para dar forma ao teu proxecto emprendedor de maneira creativa e estratéxica. Inspirado na metodoloxía Lego® Serious Play®, axudarache a visualizar ideas, conectar mellor co teu mercado e mellorar a túa proposta de valor.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 26 de marzo I 10:00 h - 14:00 h 

📍 Sede do Polo de Ferrol. R/ María, 158, Ferrol 

 

Descobre unha forma diferente e innovadora de pensar o teu proxecto emprendedor nun espazo dinámico e creativo. Neste encontro, organizado polo Polo de Ferrol, vivirás unha experiencia formativa onde a imaxinación e a estratexia se unen para axudarche a comunicar mellor as túas ideas, entender o que realmente valoran os teus futuros clientes e deseñar solucións con impacto real.

 

A actividade está inspirada na metodoloxía Lego® Serious Play®, unha ferramenta moderna que invita a explorar conceptos empresariais a través da construción creativa con pezas de LEGO. Carmen de la Sierra, facilitadora acreditada de Lego® Serious Play®, será quen imparta este obradoiro no que mediante a creación de modelos tridimensionais poderás visualizar o potencial do teu proxecto, transformar pensamentos en estruturas concretas e atopar camiños máis claros cara ao mercado.

 

É unha oportunidade única para emprender con perspectiva, fortalecer a comunicación das túas ideas e identificar como facer que a túa proposta destaque nun entorno competitivo. Se queres converter a túa iniciativa nunha opción atractiva para o público e potenciar as posibilidades de crecemento do teu negocio, este obradoiro está feito para ti.

 

Reserva xa a túa praza e forma parte desta experiencia pensada para persoas con ganas de innovar, crear e facer realidade as súas ideas.

 

Programa 

10:00 h - Recepción e presentación


10:10 h - Introdución á metodoloxía Lego® Serious Play®

 

10:20 h - Construción do modelo de negocio e motivacións

 

11:20 h -  Pausa / Networking


12:00 h - Identificación do cliente e aliñación de necesidades

 

12:30 h - Desenvolvemento da proposta de valor final

 

14:00 h - Pecha da xornada


Presencial

Voltar