Encontro de talento retornado

Dende 11 de xuño, 2026 - Ata 11 de xuño, 2026

Xornada de networking orientada á conexión, ao intercambio de experiencias e á xeración de sinerxías entre persoas emigrantes retornadas emprendedoras beneficiarias do Programa Retorna e outras persoas procedentes do estranxeiro con interese en emprender en Galicia.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 11 de xuño I 11:00 h - 12:30 h 

📍 Café-bar La Madrina. R/ de Pizarro, n6, Vigo 

 

O retorno á terra é moito máis que unha volta: é unha oportunidade para empezar proxectos novos, compartir o aprendido fóra e construír futuro en Galicia. As persoas que regresan tras unha etapa no estranxeiro achegan coñecementos, experiencia internacional e novas formas de emprender que enriquecen o tecido económico e social do territorio.

 

Por iso, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de O Porriño organiza un encontro moi especial orientado á conexión, ao intercambio de experiencias e á xeraciónde sinerxías entre persoas emigrantes retornadas emprendedoras beneficiarias do Programa Retorna e outras persoas procedentes do estranxeiro con interese en emprender en Galicia.

 

A xornada celebrarase nun espazo con historia propia de retorno e emprendemento, o Café Bar La Madrina, xestionado por Lisset Delgado, emigrante retornada e beneficiaria do Programa Retorna, que representa á perfección o espírito desta actividade.

 

Durante o encontro contarase tamén cunha intervención inspiradora de Elisa Mosquera, emigrante retornada e coach emocional, que achegará unha charla motivadora sobre procesos de cambio, retorno e emprendemento vital.

 

Será un espazo pensado para escoitar experiencias reais, intercambiar ideas e, sobre todo, coñecer a outras persoas que están a construír o seu proxecto en Galicia tras a súa etapa no exterior.

 

Apúntate e forma parte dunha comunidade de persoas que decidiron transformar o retorno nunha nova oportunidade para emprender e medrar.

 

Programa

11:00 h - Recepción de asistentes e benvida

Acollida das persoas participantes e apertura da xornada nun ambiente próximo e participativo.

 

11:10 h - Benvida e charla inspiradora

O técnico do Polo de O Porriño e Lisset Delgado, inmigrante retornada e propietaria do local Cafe Bar La Madrina , darán a benvida ás persoas asistentes.

A continuación, Elisa Mosquera, emigrante retornada e coaching emocional, ofrecerá unha charla motivacional centrada nos retos emocionais, medos e aprendizaxes asociados á experiencia migratoria e ao proceso de emprender tras o retorno.

 

11:40 h - Espazo de experiencias en primeira persoa:

Presentación das persoas asistentes, que compartirán a súa experiencia persoal: quen son, a que se dedican, que as motivou a emprender en Galicia e cales foron as principais dificultades atopadas no camiño, así como as ferramentas e estratexias empregadas para superalas.

 

12:30 h - Networking e peche da sesión:

Espazo de conversa informal para o intercambio de contactos, experiencias e ideas, favorecendo a creación de sinerxías e conexións entre persoas que comparten a experiencia vital da emigración e do retorno.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresASEFIS - Asesoría Fiscal Vigo

Voltar