Emprender: unha alternativa para iniciar a vida profesional

Dende 05 de maio, 2026 - Ata 05 de maio, 2026

O Polo de Verín achega o emprendemento ao FP Dual do IES García Barbón

Categorías: Difusión da cultura emprendedora

A petición do IES García Barbón, o equipo técnico do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Verín facilitará un obradoiro a alumnos dos ciclos medio e superior de Electromecánica, Mantemento e administración de Xestión.

 

Na primeira parte, presentaranse casos de emprendementos de éxito que axudarán aos participantes a entender como é a traxectoria do emprendedor: desde a xeración da idea ata a execución do proxecto, analizando as dificultades que xorden durante o camiño e como solventalas.

 

Na segunda parte introducirase aos alumnos nos conceptos básicos do emprendemento e traballarán de cara a coñecer as necesidades do territorio para contrastalas coas súas habilidades, talentos e intereses, para finalizar cunha exposición dos servizos do Polo de Verín e do tipo de apoio poderían obter da Rede de polos de emprendemento nos seus futuros proxectos.


Difusión da cultura emprendedora

Voltar