Dende 05 de marzo, 2026 - Ata 05 de marzo, 2026
O Polo de emprendemento de Verín, a petición do colexio A Merced, achegarase ao alumnado para falar de emprendemento e presentar os servizos do Polo.
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento de Verín achegará ao alumnado exemplos de emprendementos de éxito reais e especialmente recoñecidos e admirados pola xente nova. A análise destas experiencias permitiralles comprender mellor como xorden as ideas emprendedoras, que dificultades poden aparecer no camiño e que factores contribúen ao éxito dun proxecto, fomentando así unha actitude crítica e reflexiva fronte ao mundo do emprendemento.
Na segunda metade do taller introducirase aos alumnos nos conceptos básicos do emprendemento e da xestión empresarial, co obxectivo de familiarizalos coa creación dun proxecto propio viable e con cabida no mercado.
Para finalizar, darase a coñecer o Polo de Emprendemento e Emprego de Verín e o acompañamento que ofrece ás persoas emprendedoras ao longo de todas as fases do proceso empresarial.
![]()