Dende 26 de maio, 2026 - Ata 26 de maio, 2026
Un encontro pensado para aprender dende a experiencia real, compartir o que non sempre sae ben e transformar os erros en aprendizaxes que fan medrar os proxectos. Un espazo para conectar, inspirarse e seguir construíndo emprendemento con máis seguridade e visión de futuro.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 26 de maio I 10:00 h - 13:00 h
📍 Espazo Colaborativo A Proa. Coworking A Proa. R/ das Hedras, nº 2, baixo, Milladoiro, Ames
O emprendemento tamén se constrúe compartindo camiños, experiencias e aprendizaxes. Por iso, desde o Coworking A Proa e o Polo de Emprendemento de Melide, propoñemos un espazo diferente no que os erros non se esconden… convértense en aprendizaxe.
Un encontro participativo e inspirador no que emprendedores, profesionais e proxectos locais se reúnen para falar con sinceridade do que non sempre sae ben, reflexionar sobre os retos máis comúns e descubrir como cada “fallo” pode ser un impulso para mellorar e avanzar con máis seguridade.
Unha oportunidade para conectar con outras persoas da contorna, xerar sinerxías reais e abrir portas a novas colaboracións que fagan medrar os teus proxectos.
Se queres aprender doutra forma, compartir experiencia e rodearte de persoas que tamén están construíndo o seu camiño… este é o teu sitio. Apúntate e participa!
Programa
10:00 h - Presentación das instalacións do Espazo Coworking A Proa
10:15 h - Presentación Programas de Apoio ao emprendemento Coworking A Proa
10:45 h - Presentación do Polo de Emprendemento e apoio ao Emprego de Melide
Xornada Técnica Polo Emprendemento e apoio a Emprego de Melide
"Compartindo os erros que máis ensinan"
12:15 h - Espazo networking final
13:00 h - Peche da actividade
![]()