Dende 21 de maio, 2026 - Ata 21 de maio, 2026
Xornada práctica no Porriño sobre o Programa Remuda, unha oportunidade para emprender adquirindo negocios en funcionamento. Coñece como funciona, resolve dúbidas e descubre casos reais de relevo xeracional nun encontro pensado para conectar persoas emprendedoras e xerar novas oportunidades.
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 21 de maio I 10:30 h - 12:30 h
📍 Sede do Polo de O Porriño. R/ Ramiranes, n9, O Porriño
O relevo xeracional é clave para evitar que negocios viables pechen por falta de continuidade. En Galicia existe o Programa Remuda, unha oportunidade para emprender collendo negocios xa en funcionamento.
O Polo de O Porriño, xunto con ASEFIS – Asesoría Fiscal Vigo, organiza unha xornada práctica onde descubrirás:
Unha forma de emprender sen partir de cero, con negocios consolidados e apoio da Xunta de Galicia.
Apúntate e descubre unha nova forma de emprender!
Programa:
10:30 h - Recepción de asistentes e benvida
Acollida das persoas participantes e apertura da xornada.
10:45 h - Mesa redonda: “Emprender sen empezar de cero.”
O equipo técnico do Polo de O Porriño explicará de forma práctica as vantaxes do Programa Remuda, a súa utilidade e a necesidade de darlle maior visibilidade, así como os detalles da axuda: persoas beneficiarias, requisitos, contías, prazos e procedemento de solicitude.
A continuación, abrirase un diálogo con asociacións, persoas emprendedoras e axentes do territorio para compartir experiencias sobre o relevo xeracional nos seus concellos.
12:15 h - Espazo de experiencias en primeira persoa:
En primeiro lugar, ASEFIS comentará sobre os clientes que acoden á súa asesoría para informarse dos traspasos que están na bolsa Remuda, así como das dúbidas máis comúns que adoitan ter.
Despois diso, presentarase historias reais sobre relevo xeracional: persoas que decidiron ceder o seu negocio e outras que apostaron por darlle continuidade.
Coñeceremos de primeira man como foi o proceso, que dificultades atoparon e que apoio recibiron.
12:30 h -Networking e peche da sesión:
A xornada rematará cun encontro social no Classic Bar, onde se ofrecerán pinchos e bebida nun ambiente distendido para seguir compartindo experiencias.
![]()
ColaboradoresASEFIS - Asesoría Fiscal Vigo