Emprender na horta. Pon en valor o que cultivas

Dende 07 de outubro, 2026 - Ata 07 de outubro, 2026

Tes un terreo sen aproveitar? Quizais teñas máis preto do que pensas unha oportunidade para emprender no rural.

Categorías: Formación

Modalidades: Online

 

🗓️ Mércores, 7 de outubro I 11:00 h - 12:30 h

💻 En liña 

 

E se ese terreo que tes no rural puidese converterse nun proxecto?

 

Unha finca herdada, un terreo sen uso ou unha instalación que leva tempo parada poden ser moito máis ca un espazo desaproveitado. Poden ser o punto de partida dunha oportunidade de negocio.

 

Nesta xornada, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda, coñecerás de primeira man a experiencia de Cultivo Galego, un proxecto real que apostou pola horticultura e pola revalorización das producións do rural.

 

Falaremos, desde unha perspectiva práctica, de como transformar unha idea nun negocio de horta: que hai que ter en conta para poñelo en marcha, como organizar e financiar o proxecto, como chegar aos clientes e provedores e como afrontar os imprevistos que poden xurdir durante os cultivos.

 

Tamén descubriremos o sistema biointensivo e as posibilidades que ofrece para potenciar a produción hortícola.

 

E, ao rematar, terás un espazo aberto para preguntar, resolver dúbidas e poñer sobre a mesa esa idea que levas tempo dándolle voltas.

 

Quizais non necesites buscar unha nova oportunidade.Quizais xa teñas unha diante túa. 

 

Programa: 

11:00 h - Recepción de asistentes e benvida

11:10 h - Presentación breve do poñente e o seu proxecto

11:15 h -  Charla con consellos para iniciar un negocio de horta no rural

12: 10 h - Rolda de preguntas con resolución de dúbidas por parte dos asistentes

12:30 h -  Peche da xornada


Online

Voltar