Dende 16 de setembro, 2026 - Ata 16 de setembro, 2026
Un encontro organizado polo Polo de Friol para coñecer outras emprendedoras, intercambiar experiencias e crear novas oportunidades.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 16 de setembro I 16:00 h - 19:00 h
📍 Maruxía Pastelería. R/ Angelo Colocci, n 29, Lugo
Detrás de cada proxecto hai unha historia, unha idea e moitas horas de traballo. Pero tamén hai retos, aprendizaxes e oportunidades que poden ser compartidas.
Por iso chega esta xornada, organizada polo Polo de Friol, como un encontro pensado para reunir mulleres emprendedoras, compartir experiencias reais e crear novas conexións que poidan converterse en colaboracións e oportunidades.
Coñeceremos os recursos do Polo de Emprendemento de Friol e o programa Medrando Xuntas da Rede Eusumo.
Escoitaremos as experiencias de emprendedoras de diferentes sectores na mesa redonda «Emprender en Feminino: experiencias que inspiran».
E, para rematar, teremos un café networking no que seguir conversando, intercambiando ideas e facendo rede.
Se es emprendedora, autónoma, estás a poñer en marcha un proxecto ou simplemente tes unha idea que che gustaría desenvolver, este encontro é para ti.
Programa:
16:00 – Benvida e recepción.
16:10 – Presentación do Polo de Emprendemento de Friol: recursos e oportunidades para emprender.
16:15 - Presentación do programa Medrando Xuntas
16:50 – Mesa redonda: "Emprender en Feminino: experiencias que inspiran".
Participación de mulleres emprendedoras de diferentes sectores que compartirán a súa traxectoria, os retos afrontados e as claves do desenvolvemento dos seus proxectos.
17:50 – Diálogo aberto e intercambio de experiencias.
18:15 – Preguntas e respostas.
18:30 – Café networking.
19:00 – Peche da actividade
![]()
ColaboradoresMedrando Xuntas