Emprender en feminino

Dende 22 de xuño, 2026 - Ata 22 de xuño, 2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza un encontro de networking para mulleres emprendedoras na Casa do Cabo, en Morás-Xove. A xornada busca impulsar o intercambio de experiencias e colaboracións entre proxectos emprendedores do territorio liderados por mulleres.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 22 de xuño I 16:30 h - 18:00 h

📍 Casa rural Casa do Cabo. Lugar O Carballo 6, Morás. Xove, Lugo

 

Encontro de networking para mulleres emprendedoras: un espazo pensado para ti, que estás creando, impulsando ou soñando un proxecto propio na contorna do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo.

 

Será moito máis ca unha xornada: será unha oportunidade para coñecernos, compartir experiencias reais do camiño emprendedor e xerar alianzas que poden abrir novas portas.

 

A cita será na Casa do Cabo, en Morás-Xove, un lugar especial onde o mar e a terra se atopan ao carón do Cabo Morás e dos impresionantes Acantilados de Papel. Un escenario privilexiado para parar, inspirarse e mirar ao futuro con novas perspectivas.

 

Durante o encontro coñecerás proxectos emprendedores da zona, descubrirás o programa Medrando Xuntas da Rede Eusumo e, sobre todo, participarás nun café networking pensado para conversar sen présas, conectar con outras mulleres coma ti e deixar que xurdan colaboracións reais.

 

Se es emprendedora, se tes unha idea en mente ou se simplemente queres formar parte dunha rede que impulsa o talento feminino no rural, este é o teu lugar.

 

Porque emprender tamén é acompañarse. E xuntas, chegamos máis lonxe.

 

Inscríbete e forma parte desta rede que está a medrar contigo.

 

Programa

16:30 h - Recepción de asistentes e benvida

Presentación da xornada e da Rede de Polos a cargo de Belén López Cayón, técnico do Polo de Mondoñedo.

 

16:40 h - Experiencias de emprendemento feminino

 

17:10 h - Presentación do programa Medrando Xuntas da Rede Eusumo a cargo de María Torres Otero, consultora en economía social

 

17:40 h - Café Networking 

 

18:00 h - Peche da xornada


Presencial

Voltar