Dende 27 de maio, 2026 - Ata 27 de maio, 2026
Xornada de networking sobre oportunidades de emprendemento e diversificación no sector lácteo da Costa da Morte, centrada na transformación do leite en queixos, xeados, iogur e outros produtos con valor engadido.
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 27 de maio I 9:45 h - 13:30 h
📍 Edificio usos múltiples Santa Comba. R/ de Curros Enríquez, s/n, Santa Comba, A Coruña
Xornada centrada no potencial da transformación láctea como vía para xerar valor engadido, diferenciar produtos e abrir novas posibilidades de mercado na Costa da Morte.
A actividade combinará a presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco, unha reflexión sobre a transformación do leite e dos seus derivados como oportunidade de emprendemento, dinámicas para detectar oportunidades e sinerxías no territorio, pausa café con networking, experiencias inspiradoras de iniciativas vinculadas á elaboración de queixos, xeados artesáns, iogur e outros produtos lácteos, e un peche orientado a recoller conclusións e presentar posibles itinerarios de acompañamento.
A sesión está dirixida a favorecer a conexión entre persoas emprendedoras, produtoras, elaboradoras, profesionais do sector agrogandeiro e entidades de apoio, poñendo en valor o territorio como espazo para crear proxectos con identidade propia arredor do leite e dos seus derivados.
Programa:
09:45 h - Benvida e presentación da xornada
10:00 h - A transformación láctea como oportunidade de emprendemento
10:50 h - Detección de oportunidades e sinerxías no territorio
11:40 h - Pausa café – Networking
12:15 h - Experiencias inspiradoras: casos reais de transformación láctea
13:15 h - Peche da xornada e próximos pasos
![]()
ColaboradoresCooperativa Xallas e Concello de Santa Comba.