Dende 22 de abril, 2026 - Ata 22 de abril, 2026
Descobre como emprender con éxito sen comezar desde cero! Xornada inspiradora e práctica para persoas emprendedoras e autónomas que queren aproveitar o relevo empresarial como oportunidade de emprendemento
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 22 de abril I 8:30 h - 10:00 h
📍 Cámara de Comercio (Sede do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Ferrol). R/ María, 158, Ferrol
Cada ano, numerosos negocios con futuro buscan continuidade cando chega o momento da xubilación das súas persoas propietarias. Para facilitar esa transición e abrir novas oportunidades profesionais, a Xunta de Galicia conta cunha subvención específica que apoia o acceso a empresas xa en funcionamento.
Nesta xornada, organizada polo Polo de Ferrol en colaboración con COFER e CCA Ferrol A Magdalena, descubrirás de forma sinxela e práctica, como funciona esta axuda pensada para persoas emprendedoras e autónomas que queren dar un paso adiante asumindo proxectos consolidados. Explicarase quen pode solicitala, que condicións hai que cumprir e que vantaxes ofrece á hora de iniciar unha nova etapa profesional con maior seguridade.
Ademais da información clave, coñecerás casos reais que amosan como este apoio pode converterse nun impulso decisivo para continuar iniciativas rendibles e crear novas oportunidades laborais.
Se queres coñecer unha alternativa diferente para emprender, reducir incertezas e aproveitar recursos dispoñibles en Galicia, esta é unha ocasión perfecta para informarte, aclarar dúbidas e explorar novas posibilidades. Infórmate, inspírate e dá o primeiro paso cara a un proxecto con futuro.
Programa
8:30 h - Apertura da xornada. Benvida e presentación dos obxectivos da xornada
8:45 h - O relevo empresarial como oportunidade de emprendemento: contextualización do programa de axudas da Xunta de Galicia e vantaxes do traspaso de negocios fronte ao emprendemento desde cero.
Explicación detallada da axuda: persoas beneficiarias, requisitos, contías, prazos e procedemento de solicitude.
9:25 h - Boas prácticas: experiencias reais de relevo empresarial
9:45 h - Quenda de preguntas e intercambio de experiencias
10:00 h - Peche da xornada
![]()