Dende 20 de maio, 2026 - Ata 20 de maio, 2026
Emprender tamén implica xestionar a incerteza, as dúbidas e a presión emocional. Nesta sesión, organizada polo Polo de Friol, aprenderás a fortalecer a túa confianza e avanzar no teu proxecto con máis seguridade e claridade.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 20 de maio I 10:00 h - 13:00 h
📍 Sede do Polo de Friol. R/ Deputación, 18, 1 andar, Friol, Lugo
Emprender non é só ter unha boa idea ou un bo produto, tamén é aprender a xestionar as emocións, a inseguridade e os momentos de dúbida que aparecen no camiño.
Nesta sesión práctica, organizada polo Polo de Friol, descubrirás como fortalecer a túa confianza, identificar bloqueos como o síndrome do impostor ou a parálise por análise, e aprenderás ferramentas sinxelas para cambiar o teu diálogo interno e avanzar con máis seguridade no teu proxecto.
Se es unha persoa emprendedora e queres sentirte máis seguro/a, tomar decisións con máis claridade e evitar o bloqueo emocional, esta formación é para ti.
Programa
10.00h - Presentación do Polo de Emprego e Apoio ao Emprego de Friol.
10.15h - Recoñecemento e xestión das emocións relacionadas co emprendemento.
11:30h - Síndrome do Impostor. Parálise por análise.Diálogo interno: como reprogramar o que nos contamos ao noso favor.
12.45h - Preguntas e respostas
13:00h - Peche da actividade e café networking.
![]()