Dende 25 de setembro, 2025 - Ata 25 de setembro, 2025
Descubre as necesidades desta ruta ao seu paso pola Ribeira Sacra e forma parte da comunidade que crea proxectos de emprendemento no territorio
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial

🗓️ Xoves, 25 de setembro | 17:00 - 19:00
📍 Albergue de peregrinos Aida Sara Menéndez. O Saviñao
O Camiño de Santiago é o contexto perfecto para construír unha rede de negocios que dean servizos aos peregrinos ao tempo que se revitaliza o territorio. O Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra ten moitas posibilidades de desenvolvemento, e ao longo desta xornada analizaranse para fortalecer a ruta.
A sesión desenvolverase a través dunha dinámica para coñecer as oportunidades de negocio neste territorio. Intercambiaranse experiencias con outros axentes do territorio que leven a crear relacións entre os poñentes e as persoas emprendedoras.
Tras esta actividade, entenderanse mellor as necesidades e carencias de servizos para os peregrinos nesta ruta, que se poderán converter en futuros proxectos de emprendemento e sinerxías co resto do territorio.
Programa:
17:00 h - Recepción de asistentes. Persoal técnico do Polo Monforte de Lemos
17:10 h - Benvida. Representante institucional da Xunta de Galicia
17:20 h - Inauguración do evento. Juan Carlos Armesto, alcalde do Saviñao
17:30 h - Presentación do Polo de emprendemento Monforte de Lemos por un técnico do mesmo.
17:35 h -
18:10 h - Intercambio de experiencias entre os asistentes, moderado polo equipo técnico do Polo Monforte
18:30 h - Conclusións finais
18:40 h - Espazo networking. Petiscos
19:00 h - Peche da xornada
Inscríbete e forma parte da revitalización do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra.
![]()