Dende 10 de marzo, 2026 - Ata 10 de marzo, 2026
Actividade formativa participativa na procura dun espazo de traballo a través da elaboración dun plan de negocio básico orientado a súa actividade empresarial co uso de ferramentas sinxelas e adaptado as diferentes convocatorias de axudas públicas ao autoemprego.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial

🗓️ Martes, 10 de marzo I 10:00 h - 14:00 h
📍 Sede do Polo de Monforte. R/ San Pedro, 3, Monforte de Lemos, Lugo
Emprender non é só cuestión de ilusión: tamén require planificación, reflexión e números claros. Por iso, o Polo de Monforte de Lemos organiza unha nova actividade formativa dirixida a todas aquelas persoas con espírito emprendedor que desexen transformar unha idea nun proxecto empresarial real, estruturado e viable. Trátase dunha proposta pensada tanto para quen está dando os primeiros pasos como para quen xa leva tempo madurando unha iniciativa pero precisa ordenar conceptos, analizar números e gañar seguridade antes de lanzarse ao mercado.
Emprender é moito máis que ter unha boa idea. É saber definir con claridade que problema se resolve, a quen se dirixe o produto ou servizo, como se vai diferenciar da competencia e, sobre todo, se pode sosterse no tempo desde o punto de vista económico. Nesta formación, as persoas participantes aprenderán a deseñar un plan de negocio básico que lles permitirá poñer por escrito, de maneira estruturada e comprensible, todos os elementos esenciais do seu proxecto empresarial.
Participar nesta actividade supón, en definitiva, gañar claridade, confianza e capacidade de planificación. Esta é unha ocasión para dar o paso con criterio e visión de futuro.
Ademais, esta formación ofrece unha ferramenta especialmente útil para quen estea interesado en acceder a financiamento público. O plan de negocio que se desenvolverá servirá como base sólida para a presentación de solicitudes de axudas e subvencións, facilitando a xustificación do proxecto e mellorando as posibilidades de éxito nas convocatorias. Dispor dun documento claro, coherente e ben estruturado marca a diferenza á hora de presentar unha iniciativa ante administracións, entidades financeiras ou potenciais colaboradores.
Programa
10:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
10:10 h - Presentación do evento
10:15 h - Introdución ao emprendemento e ao plan de negocio
10:30 h -
Definición da idea de negocio
Taller práctico: definición do proxecto
11:00 h
Análise básico de mercado
Taller práctico: estudo básico práctico
11:30 h - Pausa Cafe Networking
12:00 h -
Modelo económico inicial
Taller práctico: uso da ferramenta de planificación financieira
13:00 h - Recursos de financiamento e apoio ao autoemprego
13:30 h - Estrutura final do plan de negocio
14:00 h - Peche da xornada
![]()