Dende 16 de xullo, 2026 - Ata 16 de xullo, 2026
O obradoiro online “Domina as túas contas: Guía práctica de fiscalidade para autónomos e emprendedores” é unha formación práctica destinada a persoas emprendedoras e pequenas empresas que desexan mellorar a súa xestión tributaria mediante ferramentas accesibles
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Xoves, 16 de xullo I 11:00 h - 13:00 h
🖥️ En liña
Queres levar as contas do teu negocio con máis seguridade e sen complicacións?
Se es unha persoa autónoma este obradoiro organizado polo Polo de Verín é para ti.
"Domina as túas contas: Guía práctica de fiscalidade para autónomos e emprendedores" é unha formación online, práctica e sinxela que che axudará a entender a fiscalidade do teu negocio e a xestionar con confianza as túas obrigas tributarias.
Aprenderás a:
O obxectivo é que a fiscalidade deixe de ser un quebracabezas e se converta nunha ferramenta para tomar mellores decisións e facer medrar o teu proxecto con seguridade.
Inscríbete e dá un paso máis cara a unha xestión máis profesional, autónoma e eficiente do teu negocio.
Programa:
11:00 h - Benvida e presentación.
11:10 h - Primeira aproximación ás obrigas tributarias básicas
11:30 h - Identificar os diferentes impostos (IVE, IRPF, Sociedades) e os modelos oficiais que afectan a cada perfil de negocio
12:00 h - Obradoiro práctico: Aprender a organizar a facturación e os gastos deducibles para evitar erros comúns.
12:50 h - Peche e resolución de dúbidas.
![]()