Dende 25 de xuño, 2026 - Ata 25 de xuño, 2026
Formación práctica na que aprenderás a deseñar o teu propio embudo comercial, definindo as fases do proceso de venda e as accións clave para acompañar ao cliente ata o peche, con foco en aplicar todo directamente ao teu proxecto.
Categorías: Formación
Modalidades: Online

🗓️ Xoves, 25 de xuño I 10:00 h - 12:00 h
💻 En liña. Enviarase ligazón 24 horas antes da sesión
Vender non é cuestión de sorte nin de improvisación. É cuestión de ter un camiño claro que acompañe ás persoas clientes desde o primeiro contacto ata a decisión final.
Nesta segunda sesión da formación "Do valor ao peche: deseña un embude comercial efectivo" organizada polo Polo de Baños de Molgas e impartido por Alicia Jover, afondaremos precisamente nese camiño: como converter o teu proceso comercial nun sistema ordenado, coherente e adaptado á realidade do teu proxecto.
Despois de ter definido a túa proposta de valor, toca darlle forma a como se move o teu cliente dentro do proceso de venda: que necesita en cada momento, que información busca, en que puntos pode dubidar e que accións poden axudarche a acompañalo mellor ata o peche.
Será unha sesión moi práctica, centrada no teu propio proxecto, na que irás construíndo paso a paso a estrutura do teu embude comercial e traducindo ideas en accións concretas.
Programa
10:00 h - Introducción e benvida
10:05 h - Contido temático:
12:00 h - Peche da xornada
![]()